Wednesday, September 22, 2010

Biblogteka de 1º ESO

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA E BIBLIOTECA



Este é o caderno virtual do alumnado de 1º da ESO do IES SÁNCHEZ CANTÓN para facer os comentarios dos libros que figuran a continuación.

Non vos esquezades de poñer sempre o nome e o grupo.

CURSO 2011-12



Coidado coa ortografía

Friday, October 20, 2006

Contos por palabras, Agustín Fernández Paz

Contos por palabras

Agustín Fernández Paz

No prólogo vemos como tamén nos xornais sae a xente corrente e as súas angurias, isto acontece nos anuncios por palabras. Cada relato está baseado nun anuncio destes. Desde o que procura a chave da felicidade ata o dono dunha axencia de contactos empeñado en procurarlle parella a un unicornio azul...
Fermosos contos e moi imaxinativos.

Comentario sempre debaixo

Chamádeme Simbad. Agustín Fernández Paz

Chamádeme Simbad

Francisco Castro

O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.
As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.
[presentación editorial]
Comentario sempre debaixo

Os Mornias. Lola González




Os Mornias

Lola González

Un mozote que traballa con Merlín escapa dun libro dun viaxante de comercio e topa cun grupo de nenos dunha vila inventada, os Mornias. Para lles demostrar a súa maxia converte a un deles en cabuxo e logo non consegue desfacer o feitizo e ten que voltar ao libro. Os nenos pasan diversas aventuras ata que volve o mozote que ten que invocar o mesmo Merlín. Conseguirá desfacer o encantamento?

Comentario sempre debaixo

Thursday, October 19, 2006

Contos para Manuel. Mario Pereira



Contos para Manuela

Mario Pereira

Este libro está constituído por un conxunto de quince contos. Pártese dunha situación "estraña" e, desde ela, imaxínanse tres camiños para desenvolvela ou explicala, apurando ao máximo para chegar ao final. Ademais, é frecuente que os finais estean dispostos de xeito gradual, atendendo á dificultade de lectura. O libro complétase cunha especie de anexo titulado "Os meus finais preferidos".

Comentario sempre debaixo

Prohibido casar papá. Fina Casalderrey



Prohibido casar papá

Fina Casalderrey

Protagonista unha rapaza, Elia, de catorce anos que está nun hospital operada de apendicite. Ademais vive a situación de que seu pai (viúvo desde hai catro anos) ten unha nova noiva coa quere casar, a ela cústalle aceptalo. El é profesor de instituto e escritor. Elia lembra os tempos felices coa nai, non pode aceptar que outra ocupe o seu lugar. Como a vida mesma!

Comentario sempre debaixo

O monstro das palabaras. María Reimónez

O monstro das palabras

María Reimóndez
lba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa “normal”, que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. “A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos” escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.


Comentario sempre debaixo do título do libro

A noite que Wendy aprendeu a voar. Andreu Martín



A noite que Wendy aprendeu a voar

Andreu Martín
Libro que se le axiña, coma quen ve un capítulo dunha teleserie de policías, para quen lle gusten as series coma Los hombres de Paco. Roger e Wendy son dous policías barceloneses que se van enfrontar con perigosos asasinos e veranse envoltos en incribles situacións para resolveren un caso dun asasinato. Mesmo Wendy coñecerá a una nena bastante interesante. Todo a un ritmo trepidante que non dá tempo nin a respirar e coa vantaxe de que neste capítulo de teleserie non hai interrupcións para anuncios. Aquí é o lector o que marca os tempos.Comentario sempre debaixo

Trece anos de Branca. Agustín Fernández Paz


Trece anos de Branca



Agustín Fernández Paz


Branca é unha rapaza chea de ilusións. Unha hepatite obrígaa a gardar cama durante uns meses, tempo que aproveita para facer un repaso das súas experiencias infantís. Un álbum cheo de fotografías evocará esas sensacións xa vividas. Ao mesmo tempo, Branca decátase de que deixa atrás unha parte importante da súa vida para dar paso á adolescencia. Polo media está Lois e algo haberá entre eles desde que unha vez se ven no pombal. Tamén está o seu irmán pequeno Daniel, e a súa amiga Raquel. Seu pai é o bibliotecario do centro, de aí o amor polos libros nesa familia. E hai unha profesora a Víbora que…
Comenario sempre debaixo do libro

Ás de moscas para Anxo. Fina Casalderrey



Ás de moscas para Anxo

Fina Casalderrey
Os protagonistas son neste libro nenos de sexto de primaria. Comeza coa solidariedade deles cun empresario secuestrado que se fixo famoso nos xornais grazas a unha nena, Estrela. Lembran como esa nena chega á escola, que era un pouco menos aguda que o resto e provocaba os risos. Boa parte da novela é o choque da inocencia da nena co resto e como se vai facendo querer por todos. Nun momento pensa que o secuestrado é seu pai e escapa da casa a un tellado para conseguir que o liberen. Esta acción farase moi sonada na prensa e provocará a solidariedade co empresario secuestrado.

Comentario sempre debaixo

Amigos en tempo real. Ramiro J. Álvarez



Amigos en tempo real

Ramiro J. Álvarez
O protagonista é Antón que ten unha perna ortopédica e xoga de porteiro de fútbol cos amigos, son bos rapaces e mesmo fallan para que el poida lucirse. En "o Mundo da Informática" nun chat coñece a unha rapaza mexicana sen amigos que cumpre doce anos o mesmo día ca el. Comeza entón unha amizade...

A expedición do Pacífico. Marilar Aleixandre



A expedición do Pacífico

Marilar Aleixandre

Relatada en primeira persoa, a novela conta, en dez capítulos, a historia dunha expedición polo Pacífico. Entre os oito científicos que a compoñen, atópase a protagonista, Emilia, unha rapaza que, para poder participar na viaxe, tense que disfrazar de neno.
O relato, que abrangue dende 1867 -cando saen de España- ata 1871 -ano da chegada da expedición a Lisboa-, describe as aventuras dos viaxeiros dun xeito realista e verosímil. Abundan as referencias á historia e aos coñecementos relacionados coas ciencias da natureza e coa navegación. Paralelamente, asistimos a unha aventura interior: o cambio que se produce na protagonista, que inicia a viaxe con algo máis de doce anos e chega feita unha muller
.
Comentario sempre debaixo

De como o santo dos croques se fai peregrino. Pepe Carballude



De como o santo dos croques se fai peregrino

Pepe Carballude
O Mestre Máteo ten que facer o Camiño de Santiago e escapa do Pórtico da Gloria acompañado dun anxo trapalleiro que acaba perdendo parte das plumas, tamén da sombra dun cabalo (un dos bichos do pórtico). Polo medio uns policías que non cren nada do asunto...Historia divertida e ben contada

Comentario sempre debaixo

Camiño perigoso. Ánxela Loureiro




Camiño perigoso

Ánxela Loureiro

Ambiente medieval, un señor feudal moi malo, que escraviza os labregos.
A protagonista é unha rapaza que ve en perigo a súa familia, non sabe de seus pais e ten que coidar dos seus irmáns pequenos. Decide deixar os irmáns cunha veciña e meterse nunha serie de aventuras para dar cos seus pais. Disfrázase de mozo, faise amigo dunha compañía de actores e xente de circo, escapa dos soldados ata que...

Comentario sempre debaixo do título do libro

Sunday, September 24, 2006

Intercambio cun inglés. Christine Nöstlinger




Intercambio cun inglés

Christine Nöstlinger
Ollo: quen teña problemas co inglés ten ao final un vocabulario. Un neno de trece anos que non ten boas notas en inglés. A nai quere mandalo a Inglarerra. El négase e a cambio virá un rapaz inglés á casa. Os perxonaxes: Mary, a nai de Jasper, non quere ver a Jasper; Bille, a irma de Ewald (o protagonista); Jasper, o neno inglés. Jasper porque era moi desordenado, non facía caso nin se bañaba e gruñía cando alguén lle tocaba a súa colección de croios. Non hai ningún personaxe que se atranque e todos parecen divertidos. A nai de Ewald é unha obsesionada da limpeza, entra no cuarto de Jasper e encontra todo o cuarto desordenado, con cartóns de leite e latas de atún polo chan, manchas na alfombra...

Comentario sempre debaixo do título do libro

Saturday, September 23, 2006

Game Over. Santiago Lopo

Game Over


Santiago Lopo



Luís Carro é catedrático de Literatura Inglesa, casado e con dous fillos. Leva unha vida normal nunha cidade normal e cun traballo normal. Todo isto cambia cando os seus fillos o agasallan co Parallel City, un xogo de ordenador que causa furor, unha especie de Second Life. O xogador convértese nun cidadán dunha cibercidade, nunha xungla urbana onde só o máis forte, o máis listo consegue sobrevivir.

Luís Carro converterase nun dos mellores xogadores de Parallel City: rouba, mata... 
Os problemas para Luís comezan cando ...

Friday, September 22, 2006

Os Megatoxos e o aprendiz de druída. Anxo Fariña

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Anxo Fariña

Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa, compañeiros de escola, van compartir unha experiencia que mudará as súas vidas. A culpa tena un toxo moi especial que os levará a viaxar ao tempo e á terra dos celtas. Alí coñecerán o sorprendente mundo de Gael, pero tamén terán que enfrontarse ao terrorífico Drunxel. Vencerán cos seus poderes o malvado demo do corpo líquido?

Sunday, May 14, 2006

Os Megatoxos e a Espada Esmeralda. Anxo Fariña

Os Megatoxos e a Espada Esmeralda
Anxo Fariña

Nesta segunda novela de Anxo Fariña, os Megatoxos, ou o que é o mesmo, Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa embárcanse nunha nova aventura que os levará ao medievo na procura de solución a unha mutación xenética que fixo que por accidente desenvolveran estraños poderes. Alí atoparanse un antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece.