Saturday, September 23, 2006

Game Over. Santiago Lopo

Game Over


Santiago Lopo



Luís Carro é catedrático de Literatura Inglesa, casado e con dous fillos. Leva unha vida normal nunha cidade normal e cun traballo normal. Todo isto cambia cando os seus fillos o agasallan co Parallel City, un xogo de ordenador que causa furor, unha especie de Second Life. O xogador convértese nun cidadán dunha cibercidade, nunha xungla urbana onde só o máis forte, o máis listo consegue sobrevivir.

Luís Carro converterase nun dos mellores xogadores de Parallel City: rouba, mata... 
Os problemas para Luís comezan cando ...

1 comments:

Anonymous said...

AUTOR: Santiago Lopo

TÍTULO: GAME OVER

-Tema:
Trata da aventura que lle ocorre a Luís Carro, catedrático dunha universidade, cando os seus dous fillos agasállanlle cun xogo de ordenador chamado Parallel City.

Luís crea un personaxe, Breogán e comeza a xogar máis que nada por compromiso, pero a medida que pasan os días, a Luís se lle crea unha adición polo xogo.

En Parallel City, Breogán estaba a organizar un proxecto que consistía en fundar unha nova cidade, pero os monxes enviados polo Supremo (a persoa que creou Parallel City) dinlle que quebrantou as normas. Uns días despois, chega a casa de Luís un sobre para el de parte do Supremo, no que di que se non se une a eles ou paga un millón de euros, sera asasinado.

Luís acepta unirse ao clan, e ao principio só ten que facer misións no xogo, pero máis adiante
mándanlle matar na vida real a xogadores aos que tamén lles chegou o sobre pero non lle fixeron caso.

Grazas á súa alumna Alicia e outro mozo chamado Xavier, consigue deter ao Supremo e volver á súa vida normal.



-Personaxes:
Luís Carro, Alicia e Xavier



-Valoración persoal:

É un libro moi bó, cheo de misterio e aventuras, que lle gustaría a calquera.
Critica o fantástico pero perigoso mundo dos ordenadores no que vivimos actualmente



-Opinión sobre a estrutura e a linguaxe:

Gústame a forma de narrar que ten o autor, pois consigue atrapar ao lector e facer que non pare de ler polo suspense que ten moitas partes da lectura, a medida que se achega ao final.


-A que recomendarías este texto e por que:

Recomendaría o libro a calqueira persoa que quixera ler un libro voluntario, (pois o concepto que teñen moitos alumnos sobre este tema é negativo) así coma calqueira persoa que lle guste ler ou non, pois creo que lle gustaría a calquera.


ALEXANDRE PEDROSA RODRÍGUEZ, 1ºESO D, Nº22