Thursday, October 19, 2006

LECTURAS VOLUNTARIAS NA SEGUNDA AVALIACIÓN


A noite que Wendy aprendeu a voar

Andreu Martín, Xerais, 2008, 151 p.

Libro que se le axiña, coma quen ve un capítulo dunha teleserie de policías, para quen lle gusten as series coma Los hombres de Paco. Roger e Wendy son dous policías barceloneses que se van enfrontar con perigosos asasinos e veranse envoltos en incribles situacións para resolveren un caso dun asasinato. Mesmo Wendy coñecerá a una nena bastante interesante. Todo a un ritmo trepidante que non dá tempo nin a respirar e coa vantaxe de que neste capítulo de teleserie non hai interrupcións para anuncios. Aquí é o lector o que marca os tempos.
Comentario sempre debaixo

0 comments: