Thursday, October 19, 2006




Xenaro e o misterio da mochila verde

Mar Guerra

A curiosidade de Xenaro esperta ao principio do curso, cando chega á clase un novo compañeiro que carga cunha enorme mochila verde ás costas. O Novo, amais de campar polo miúdo das súas nobres orixes familiares, visibles nos seus longos apelidos compostos, axiña se burla do contraditorio nome de Xenaro e a este, co paso dos días, non acaba de convencerlle o comportamento do fachendoso Fernández-Xildas nin a súa présa por formar unha banda cos máis trastes da aula co fin de facer maldades e mangonear nos demais.

Comentario sempre debaixo do título do libro

0 comments: